Sustentabilidade alimentaria

Especialista

Ámbito: Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentosCódigo: TCS:1138/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Ciencias

Inicio e fin

20/09/2024 – 21/07/2025

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

48.0 ECTS

Estado

En curso

50 prazas

 

Descrición

Os retos da industria alimentaria actual xa non só se circunscriben a calidade e á seguridade alimentaria, senón que tamén xogan un papel importante a sustentabilidade tanto da obtención de materias primas como dos procesos de transformación ás que puiden ser sometidas. É por iso polo que uns dos cabalos de batalla da investigación e a innovación no campo alimentario enfócanse a promover un cambio nas pautas de produción e consumo de alimentos cara a un escenario sostible. No presente Título Propio pretendemos incluír unha serie de materias que irían encamiñados a dar formación ao estudante de posgrao neste campo e que, ademais actuará como complemento na formación continua de egresados nos títulos oficiais impartidos pola Faculad de Ciencias no campo Agroambiental e Alimentario.

 

Director/a:

Juan Carlos Mejuto Fernández

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

xmejuto@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 06/09/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 13/09/2024

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

420 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Ciencias de Ourense

 

Horario

Venres de 16:00 a 18:00 (primeiro e segundo cuadrimestre),

Sábados de 9.00 a 13.00 (primeiro cuadrimestre) e de 10.00 a 12.00 (segundo cuadrimestre)

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
668 € 601.2 € 567.8 €

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O titulo establece os seguintes obxectivos de aprendizaxe para os alumnos que superen as materias do mesmo, co fin de formar profesionais especializados na procura dunha alimentación sostible ao longo de toda a cadea alimentaria, buscando a aplicación das bases da economía circular no ámbito alimentario, alienándose cos ODS:
 
– Analizar os conceptos de sustentabilidade ambiental, social e económica.
– Determinar os conceptos de ecodiseño, economía circular e economía social.
– Avaliar o ciclo de vida dos produtos e o seu impacto social e ambiental.
– Avaliar os procesos produtivos mediante indicadores ambientais e aplicar a tecnoloxía adecuada para mellorar a súa sustentabilidade.
– Seleccionar os materiais e tecnoloxías para o deseño e desenvolvemento de envases alimentarios.
– Saber expor e abordar estratexias para a valorización de subproductos nunha industria alimentaria.
– Diagnosticar a eficiencia dos procesos nunha industria alimentaria e aplicar estratexias para a súa mellora
– Expor as modificacións necesarias á dieta actual para a implementación de proxectos gastronómicos sostibles.

 

Destinatarios

Licenciados/Graduados no ámbito científico e tecnolóxico con interese no ámbito agroambiental e alimentario.

 

Idioma

100% inglés

 

Competencias Específicas

Ser capaces de aplicar os principios de sustentabilidade nos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.
Incorporar os principios de sustentabilidade nos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.
Ser capaces de propoñer, dirixir e realizar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.
Aplicar as formulacións e as tecnoloxías adecuadas para o desenvolvemento de sistemas alimentarios e produtos seguros, saudables e con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.
Propoñer, dirixir e realizar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios
Ser capaces de aplicar os principios de sustentabilidade da cadea alimentaria, non só a través de procesos máis eficientes, senón tamén identificando novas fontes proteicas para o desenvolvemento dunha economía máis competitiva, sostible e integradora.
Incorporar os principios de sustentabilidade nos hábitos alimentarios e culinarios.
Aplicar as formulacións e as tecnoloxías adecuadas para o desenvolvemento de dietas seguras, saudables e con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.
 

 

Condicións de acceso

– Estar en posesión dun titulo de Licenciado/Graduado no ámbito científico e tecnolóxico, con preferencia nas seguintes titulacións: Ciencia e  Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería Técnica en Industrias Agrarias e Alimentarias, Enxeñería  Agraria, Ciencias Ambientais, Nutrición Humana e Dietética, Química, Bioloxía, Farmacia,  Bioquímica, Biotecnoloxía.
   
– Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.
    
– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
    
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
   
– Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Criterios de selección

Expediente académico: 100%

 

Metodoloxía

As materias do primeiro cuadrimestre serán:
 
– Sustentabilidade da cadea alimentaria
– Deseño de produtos e procesos sostibles na industria alimentaria
– Envases alimentarios sostibles
– Valoración de subproductos
 
As materias do segundo cuadrimestre serán:
 
– Eficiencia de procesos na industria alimentaria
– Novos alimentos máis sostibles
– Gastronomia sostible
– Proxecto

 

Materias

id nome caracter créditos
200408 Diseño de productos y procesos sostenibles en la industria alimentaria Obligatoria 6.0
200409 Envases alimentarios sostenibles Obligatoria 6.0
200410 Eficiencia de procesos de la industria alimentaria Obligatoria 6.0
200411 Gastronomía sostenible Obligatoria 6.0
200412 Nuevos alimentos más sostenibles Obligatoria 6.0
200413 Sosteniblidad en la cadena alimentaria Obligatoria 6.0
200414 Valoración de subproductos Obligatoria 6.0

 

Profesorado

Juan Carlos Mejuto Fernández

Antonio Cid Samamed

María Paz Otero Fuertes

Jianbo Xiao

Juan Carlos Mejuto Fernandez

Jesús Simal Gándara

Antón Soria López

Hui Cao

María García Marti

Sergio Rojo Martínez

 

Avaliación

A avaliación das materias realizarase inmediatamente despois da finalización de cada cuadrimestre a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (contando con 2 convocatorias)
O Traballo de Fin do Título que será de 6 ECTS presentarase en primeira convocatoria o día 27/06/2025 e o día 21/07/2025 en segunda convocatoria.

 

Titulación

Especialista  universitario/a en sustentabilidade alimentaria