Experto
Ámbito: Medicina e odontoloxíaCódigo: TCS:1127/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
16/09/2024 – 31/05/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
20.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
A prevalencia das enfermidades respiratorias (ER) tanto agudas como crónicas incrementouse de forma destacable nos últimos anos, impactando en gran maneira a nivel da sociedade e os sistemas sanitarios. A súa atención require unha atención personalizada, continuada e coordinada entre os distintos niveis e profesionais ademais do empoderamento do paciente e a súa contorna nos seus coidados. A maioría dos pacientes con ER requiren probas diagnósticas de diferente complexidade nas que participan profesionais de diferentes disciplinas e novos procedementos para o tratamento, incluíndo aqueles utilizados de forma crónica a nivel domiciliario e con dispositivos cada vez máis sofisticados.As probas necesarias para a adecuada avaliación da función pulmonar ou os estudos de imaxe torácica ou endobronquial, o estudo dos trastornos respiratorios do soño ou o uso de terapias por vía inhalatoria ou o soporte ventilatorio son campos en continua innovación e de aplicación cada vez a máis persoas na nosa contorna. O adecuado coñecemento das diferentes facetas (indicacións, realización e interpretación, fundamentos tecnolóxicos e limitacións) de todas estas técnicas e o aparataxe necesario para levalo a cabo son esenciais para garantir unha atención sanitaria de calidade e poder facer propostas para a súa correcta utilización na nosa contorna, así como propoñer e desenvolver melloras que permitan optimizalas.
Ademais, a aplicación xeneralizada doutras innovacións tecnolóxicas aos procesos clínicos easistenciais incluíndo a telemonitorización e o avance de tecnoloxías como o big data ou a intelixencia artificial, protagonizarán a evolución do sector sociosanitario neste e noutros campos da saúde nos próximos anos. A saúde dixital pode achegar solucións para mellorar o autocuidado e a prevención, o diagnóstico, o tratamento, o seguimento e xestión dos pacientes, especialmente aqueles con enfermidades crónicas, como son moitas das enfermidades respiratorias, incrementando a súa autonomía e calidade de vida e podendo mellorar a eficacia e eficiencia do sistema sanitario. Ata o momento practicamente non existen programas de formación que aborden cunha visión global (procedemento e equipamento), integral e práctica todas as aplicacións tecnolóxicas necesarias para o manexo seguro e eficiente de pacientes con ER, obxectivo polo que a UVigo deseña e pon en marcha a presente titulación, de forma que o profesional que o supere estará capacitado para realizar e controlar a adecuada utilización destas tecnoloxías así como os dispositivos e aparataxe necesarios para iso.
Director/a:
Dr. José Alberto Fernández Villar
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
alberto.fernandez.villar@sergas.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 12/09/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 13/09/2024
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
198 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo – Plataformas de teledocencia da Universidade de Vigo
Horario
- Estudos de imaxe e técnicas broncopleurais (setembro-outubro 2024)
- Terapia inhalada e osixenoterapia (outubro-novembro 2024)
- Ventilación no invasiva (decembro 2024-xaneiro 2025)
- Tecnoloxías aplicadas aos trastornos respiratorios do sono (febreiro-marzo 2025)
- O laboratorio de función pulmonar (marzo-abril 2025)
- Saúde dixital e novas tecnoloxías (abril-maio 2025)
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
900 € | 810 € | 765 € |
Observacións aos prezos
A Fundación Biomédica Galicia Sur subvencionará con axudas ao estudo a todas as persoas que superen o título. A contía da subvención será como mínimo de 300 euros
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula
Obxectivos
Formación avanzada orientada a desenvolver no seu alumnado competencias e habilidades que lles permitan dar resposta de alto nivel e liderar accións de mellora en todos os aspectos relacionados coas tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas aplicadas ás enfermidades respiratorias.
Destinatarios
Persoas graduadas ou licenciadas en Enfermería, Fisioterapia ou Enxeñería Biomédica.
Saídas Profesionais
Con este título de experto universitario os/as estudantes adquirirán unha excelente formación e habilidades en todos os campos tecnolóxicos relacionados coas enfermidades respiratorias e serán capaces desde varias perspectivas (clínica e técnica) poñelas en marcha, así como de abordar melloras e innovacións neste campo.
Competencias Específicas
- Coñecer a anatomía do sistema respiratorio para entender e optimiza-las aplicacións tecnolóxicas necesarias para a adecuada atención das enfermidades respiratorias.
- Coñecer a fisiopatoloxía do sistema respiratorio para entender e optimizar as aplicacións tecnolóxicas necesarias para a adecuada atención das enfermidades respiratorias.
- Identificar as bases tecnolóxicas dos dispositivos e instrumental que se precisan para o diagnóstico, tratamento e seguimento das enfermedades respiratorias
- Identificar e describir as indicacións para a realización e a interpretación dos resultados das principais probas diagnósticas e terapias aplicadas ás enfermidades respiratorias.
- Aplicar os coñecementos teóricos e as habilidades prácticas adquiridas na utilización das técnicas e procedementos instrumentais relacionados coas enfermidades respiratorias acordes á carteira de servizos sanitarios propia da súa formación.
- Recoñecer e describir os criterios de calidade e seguridade das tecnoloxías aplicadas ao diagnóstico e tratamento das enfermidades respiratorias en cada contexto clínico.
- Coñecer as limitacións, riscos e solucións das tecnoloxías aplicadas ás enfermidades respiratorias.
- Dispoñer das habilidades e das competencias necesarias para a busca das innovacións neste campo e liderar proxectos de mellora nos procesos tecnolóxicos aplicados ásdistintas enfermidades do aparello respiratorio.
- Coñecer o contexto e as estratexias existentes a distintos niveis para o desenvolvemento da saúde dixital aplicada ás enfermidades respiratorias, así como os sistemas de información que dan soporte á súa actividade.
- Coñecer e aplicar a normativa e regulación local, autonómica, nacional e internacional no ámbito das tecnoloxías aplicadas ás enfermidades respiratorias.
- Resolver casos prácticos no campo das das tecnoloxías aplicadas ás enfermidades respiratorias, o que implica a elaboración previa de material, a identificación de cuestións problemáticas, a selección, interpretación e a exposición argumentada deste ámbito da saúde respiratoria das persoas.
Competencias Transversais
- Propoñer solucións creativas e innovadoras a situacións ou problemas complexos, propios do ámbito de coñecemento.
- Colaborar eficazmente en equipos de traballo, asumindo responsabilidades e funcións deliderado e contribuíndo á mellora e desenvolvemento colectivo
- Comunicarse de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, adaptándose ás características da situación e da audiencia.
- Actuar con autonomía na aprendizaxe, tomando decisións fundamentadas en diferentes contextos.
Condicións de acceso
Personas graduadas ou licenciadas en Enfermería, Fisioterapia o Enxeñería Biomédica que acrediten:
1. Un título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
2. Un título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
3. Un título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identidade ou pasaporte
2) Título universitario ou certificado de estudos
3) Carta de motivación
Criterios de selección
1) Titulación en Enfermería
2) Titulacións en fisioterapia e en enxeñería biomédica.
3) Actividade profesional relacionada coa temática respiratoria
4) Carta de motivación
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200380 | Estudos de imaxe e técnicas broncopleurais | Obligatoria | 4.0 |
200381 | Terapia inhalada y oxigenoterapia | Obligatoria | 4.0 |
200382 | Ventilación no invasiva | Obligatoria | 3.0 |
200383 | Tecnologías aplicadas a los trastornos respiratorios del sueño | Obligatoria | 3.0 |
200384 | El laboratorio de función pulmonar | Obligatoria | 3.0 |
200385 | Salud digital y nuevas tecnologías | Obligatoria | 3.0 |
Profesorado
Avaliación
Avaliación continuada por medio de observación, traballos individuais e en grupo, controis escritos, participación en aula ou campus virtual, titorías.
Asistencia e participación.
Probas: exame de cada materia e exame final.
Poderase superar o curso aprobando todas as materias (máis) dun 50% da avaliación de coñecementos teóricos. A asistencia ás clases presenciais deberá ser superior ao 80%, débense de realizar todas as presentacións incluídas no programa e a asistencia ás prácticas será do 90%. Se non se alcanza o 50% nalgunha das materias teóricas poderá presentarse á avaliación final só coas materias non superadas.
Titulación
Título de Experto Universitario en Tecnoloxías Aplicadas ás Enfermidades Respiratorias