Infraestructura de datos aplicados ao transporte

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1111/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias

Inicio e fin

11/01/2024 – 06/06/2024

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

15.0 ECTS

Estado

Finalizado

45 prazas

 

Descrición

Este curso permitirache mellorar a túa experiencia profesional no ámbito do Big Data e, en concreto, a analítica de datos e a xestión da información a gran escala. Ademais, poderás adquirir coñecementos avanzados en Analítica de Datos e Business Intelligence aplicados ao Big Data, o cal permitirache mellorar as túas capacidades de manexo e análises de grandes volumes de datos, mellorar no análise para a toma de decisións empresariais fundamentais, identificar patróns e tendencias no ámbito empresarial así coma extraer información dos datos da empresa para mellorar a eficiencia operativa e axudar a realizar a toma de decisións estratéxicas futuras.

Este curso permitirache familiarizarte coas ferramentas e tecnoloxías máis utilizadas no análise de datos, como Hadoop, Apache Spark e Bases de Datos non SQL, o cal proporcionarache habilidades técnicas moi demandadas no mercado laboral actual e nas distintas plataformas de obtención e procesado de datos traballando diferentes exemplos prácticos do sector de transporte e do ámbito industrial.

 

Director/a:

Francisco Javier Rodríguez Martínez/ Lorena Otero Cerdeira

Email contacto:

franjrm@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/09/2023 – 20/12/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/12/2023 – 22/12/2023

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

150 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL

 

Horario

Martes e xoves de 17:30 a 21:30

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos

Formación gratuita, 100% subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Obxectivos

O curso de Infraestrutura de Datos Aplicados ao Transporte (IDAT) ten coma obxectivo formar aos estudantes con coñecementos sobre Big Data, Business Management e sobre Sistemas de Dixitalización.

  • Aprender a traballar de forma eficiente co transporte de datos, minimizando riscos de perdida e garantindo a integridade e fiabilidade dos datos transportados.
  • Coñecer as plataformas e tecnoloxías máis comúns relacionadas no ámbito de transporte de datos dixitais.
  • Coñecer Big Data e saber aplicalo en casos prácticos e darlle un uso efectivo de cara ao traballo en empresas.
  • Coñecementos avanzados sobre Business Intelligence e Business Analysis.
  • Realizar toma de decisións dunha maneira máis acertada e saber que datos ter en conta ao realizar a toma de decisións.

 

Destinatarios

A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito de Infraestrutura de Datos aplicados ao Transporte, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito do transporte de datos sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de Infraestrutura de datos.

Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma podese conxugar os coñecementos propios dun campo específicio cos de análise e xestión de big data no presente curso.

 

Saídas Profesionais

Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, o alumno poderá:

  •  Coñecer de forma correcta como están formadas as infraestruturas de datos nunha empresa e os seus puntos críticos.
  •  Identificar métodos de transporte da información de maneira que asegure a súa integridade e seguridade.
  •  Dixitalizar diferentes sistemas de información de forma adecuada.
  •  Coñecer o Big Data e como está aplicado nos negocios empresariais.
  •  Realizar análises de datos e de intelixencia empresariais.
  •  Desenvolverse correctamente en NAP (Punto de Acceso Nacional de Información).

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • Coñecer as estratexias Infraestrutura da Información e a súa aplicación nas empresas.
  • Traballar en equipo no ámbito da Infraestrutura da Información, proporcionando axuda ao equipo mediante unha estratexia adecuada.
  • Aplicar os coñecementos sobre Infraestrutura da Información.
  • Coñecer e promocionar o Big Data.
  • Coñecer e utilizar NAP.
  • Coñecer sobre Data Sharing.
  • Coñecer e aplicar Business Intelligence.
  • Coñecer e aplicar Business Analytics.

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de organización e planificación en base a información obtida.
  • Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.

 

Condicións de acceso

Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.

 

Criterios de selección

Criterios de admisión: 

1) Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%

2) Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%

3) Entrevista personal e cuestionario: 40%

Documentación requirida: 

1) Cubrir formulario de admisiónligazón ao cuestionario

2) DNI

3) Título ou certificado de estudos

4) Currículum vítae

 

Metodoloxía

 Neste curso, instruiranse aos alumnos nos seguintes contidos:
Business InteLligence (3 ECTS)
Business Analytics (3 ECTS)
Big Data (5 ECTS)
Eficiencia e sustentabilidade (2 ECTS)
NAP (Punto de Acceso Nacional de Información) (2 ECTS)

 

Materias

id nome caracter créditos
200362 Infraestructura de Datos Aplicados al Transporte Obligatoria 15.0

 

Avaliación

A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten. No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela, avaliarase todo o curso

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en Infraestrutura de Datos Aplicados aO Transporte.