Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1108/4
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
27/01/2025 – 04/07/2025
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
15.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
- 100% subvencionado
- Sen necesidade de ABAU ou formación universitaria previa
- Presencial / Online síncrono
- Impartido en castelán
Esta convocatoria está 100% financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Plan de Recuperación Transformación e Resilencia e financiada polo Fondo Europeo de Recuperación – Next Generation EU.
Sen necesidade da ABAU ou de formación universitaria previa, estas formacións, impartidas en castelán, están abertas a toda a cidadanía europea ou con permiso de residencia no territorio español. Este título impartirase en Ourense na Escola Superior de Enxeñaría Informática de forma presencial, con opción a cursalos 100% virtual de forma síncrona, permitindo así acceder a calquera persoa independentemente da súa situación xeográfica
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
franjrm@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/12/2024 – 23/01/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
16/01/2025 – 24/01/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL
Horario
Luns de 17:30h a 21:30h e Xoves de 17:30 a 21:30h
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Obxectivos
O curso de Comunicación Dixital para a Mobilidade (CDM) ten como obxectivo formar aos estudantes en tódolos temas relacionados coas Tecnoloxías Dixitais, a súa aplicación nos diferentes sectores e a posta en práctica polas empresas.Dar a coñecer e aplicar estratexias de Marketing e comunicación dixital e a súa aplicación no seu día a día mediante a adquisición de coñecementos tanto de tecnoloxías, estratexias de Marketing como de sistemas de información.Coñecer e adquirir experiencia coas plataformas de información máis utilizadas polas empresas para que aprendan o seu uso de cara ao mundo laboral.Saber identificar a satisfacción e necesidades dos usuarios para que podan adaptar de mellor maneira o seu produto ao usuario final mediante as indicacións e recomendacións dos usuarios.
Destinatarios
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito da comunicación dixital independentemente de que tivese ou non acceso a unha titulación universitaria.
Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan empregar ditos coñecementos e habilidades no mundo laboral, en empresas que empregan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz no ámbito das comunicacións dixitais.
Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma pódese conxugar os coñecementos propios dun campo específico cos de comunicación dixital vistos neste curso.
Saídas Profesionais
Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, haberá obtido os coñecementos seguintes:
-
- Tecnoloxías Dixitais.
- Marketing.
- Sistemas e Solucións Dixitais.
- Mellora de Satisfacción do Usuario.
As cales lle permitirán traballar en diferentes empresas de Marketing e Tecnoloxías Dixitais, ou empresas que precisen de ditas competencias, permitíndolle ao estudante mellorar e desenvolverse correctamente. Tamén lle permitirá ao estudante crear diferentes Sistemas e Solucións Dixitais que se adapten a outros usuarios, as súas necesidades o as súas características, permitindo xerar unha maior captación de clientes para unha empresa ou produto.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Coñecer as estratexias de marketing e a información sobre as diferentes tecnoloxías dixitais e a súa aplicación nas empresas.
- Traballar en equipo no ámbito da comunicación dixital dunha empresa proporcionando axuda ao equipo cunha estratexia axeitada.
- Coñecer e empregar as aplicacións e solucións dixitais de comunicación orientadas ao transporte e a outras industrias.
- Coñecer e promocionar os sistemas de Carsharing e Carpooling.
- Coñecer e deseñar sistemas de información ao viaxeiro e satisfacción dos usuarios e a súa promoción de marketing.
Competencias Transversais
- Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
- Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
Condicións de acceso
Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.
Criterios de selección
Criterios de admisión:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
Documentación requirida:
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
- Posibilidade de solicitar un formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
- Posibilidade de solicitar un formulario de admisión sobre criterios de formación
Metodoloxía
Neste curso, instruiranse aos alumnos nos seguintes contidos:
- Marketing e Plataformas (6 ECTS)
- Tecnoloxías Dixitais(6 ECTS)
- Sistemas e Solucións Personalizadas (3 ECTS)
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200360 | Comunicación Digital para la Movilidad | Obligatoria | 15.0 |
Profesorado
Avaliación
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela avaliarase todo o curso
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en Comunicación Dixital para a Mobilidade