Especialista en industria musical

Especialista

Ámbito: Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisualCódigo: TCS:1090/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

12/12/2023 – 13/09/2024

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

30.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

A colaboración da Facultade de Comunicación con distintas entidades do sector musical de Galicia da lugar a esta proposta de Especialista Universitario en Industria Musical. Trátase dunha titulación de posgrao que ten como obxectivo formar profesionais nas áreas fundamentais da industria musical dende una perspectiva multidisciplinar que engloba á comunicación audiovisual, o marketing, a publicidade, a lexislación, a xestión técnica e o emprendemento empresarial. Deste xeito conséguese que o egresado ou egresada do título obteña unha visión transversal do sector e poida atender a actual demanda existente no mercado. O título é plantexado no formato dun título propio de especialista cunha oferta de 30 créditos ECTS teóricos e prácticos que inclúen prácticas curriculares obrigatorias (8 ECTS). A oferta de prácticas suporá un elemento básico da oferta ao contarse co apoio e colaboración das empresas e entidades referentes do sector en Galicia. A idoneidade do formato permite a participación na docencia de profesionais do sector (con recoñecido prestixio e alto nivel de experiencia) en colaboración con profesores da Universidade de Vigo de distintas áreas o que, sen dúbida, será un atractivo engadido da oferta.

A estrutura do curso componse de 8 materias obrigatorias (ademais da correspondente ás prácticas) que afondan no carácter multidisciplinar xa indicado e que permiten contar cunha visión transversal para comprender de xeito correcto o ecosistema musical, percorrendo os contidos precisos para obter as competencias precisas para o desempeño profesional na escea musical.

Os contidos resúmense nos seguintes bloques:

  • Iniciación á Industria Musical·
  • Marketing aplicado á industria musical
  • Empresa e emprendemento
  • Aspectos legais do sector
  • Produción audiovisual
  • Produción musical·
  • Deseño e realización de festivais e concertos·
  • Lanzamento e desenvolvemento da carreira dun artista.

Debe terse en conta que este título forma parte dunha proposta a longo prazo para consolidar a formación en Industria Musical na Universidade de Vigo como pioneira na universidade galega. Así, formulase un plan no que este curso de especialista formaría parte como un módulo inicial do Máster Propio en Industria Musical no que se está traballando de cara ao curso 2024-2025.

 

Director/a:

Silvia García Mirón y Javier Abreu

Teléfono contacto:

644608770

Email contacto:

industriamusical@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
09/06/2023 – 01/12/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
17/07/2023 – 08/12/2023

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

176 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

67 horas

Lugar de impartición
Facultade de Comunicación, Campus Pontevedra

 

Horario

Periodo de formación completo:

  • Data de inicio: 12 de decembro de 2023.
  • Data de fin: 13 de setembro de 2024.
Periodo de docencia:
  • Data de inicio: 12 de decembro de 2023.
  • Data de fin: 10 de abril de 2024.
A docencia do curso será impartida os martes, mércores e xoves en horario de 17.00 a 21.00 horas. Deste xeito, as
datas para a primeira edición do curso serán os seguintes:
Decembro de 2023 (6 días): 12, 13, 14, 19, 20, 21
Xaneiro de 2024 (11 días): 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 24, 25, 30, 31
Febreiro de 2024 (10 días): 1, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22
Marzo de 2024 (12 días): 5, 6, 7, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27,28
Abril de 2024 (5 días): 2, 3, 4, 9, 10
Unha vez finalizada a docencia, comezará o periodo de prácticas curriculares. Periodo de prácticas curriculares:

  • Data de inicio xeral: 10 de abril de 2024.
  • Data de fin: 13 de setembro de 2024.

Máis información no apartado de “avaliación” 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1440 € 1296 € 1224 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 1.224 € (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)
Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

O obxectivo principal do curso de especialista en Industrial musical da Universidade de Vigo é profesionalizar o sector estratéxico da industria musical, buscando cumprir cos requisitos e dar resposta ás necesidades dun sector en constante crecemento e xerador de novas oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal. Deste xeito, toda a proposta formativa está orientada e deseñada para adquirir as competencias e coñecementos específicos e transversais que se precisan para:

  • Entender a complexidade, amplitude e diversidade que compón o sector da industriamusical e colaborar na súa estruturación e profesionalización.
  • Desempeñar correctamente as funcións e responsabilidades que compoñen unproceso de produción musical dende as bases da creación artística ata a promocióne xestión comercial dos produtos musicais.
  • Levar a cabo de xeito profesional o proceso de creación e montaxe de eventosmusicais en distintos contextos, formatos e estilos.
  • Saber traballar nas distintas fases do proceso, entendendo o fenómeno como algoglobal, transversal e estratéxico.

De todo o anterior, extraemos una serie de obxectivos complementarios xerais que foron tidos en conta no deseño deste curso de especialista e no comezo do proceso para o futuro máster propio en industria musical da UVigo:

  •  Estruturación do sector da Industria Musical. A complexidade dun sector tan dinámico e efervescente como o da industria musical precisa dunha vertebración transversal que reúna os talentos e profesionais que proveñan de distintas áreas de coñecemento. Este curso e o futuro máster posiciónanse, polo tanto, como un punto de referencia e de encontro de todos os profesionais actuais e futuros do sector.
  •  Especialización dos estudios de Grao. O Curso de Especialista permite cumprimentar a oferta académica para a egresados e egresadas da universidade en xeral e da Universidade de Vigo en particular. O Curso permítelles dispoñer de ferramentas de articulación dos seus coñecementos aplicándoos a diferentes campos de desenvolvemento e, de xeito máis concreto, a ocupar postos de responsabilidade estratéxica nas empresas da Industria Musical.
  • Emprendemento no sector da Industria Musical. O Curso de Especialista debe ser unha proposta académica que sirva de vía de continuación dos estudos de Grao nun contexto de especialización que permite enfocar o futuro profesional dos titulados e tituladas nun sector de alto crecemento e no que existen novas oportunidades de negocio.

A partires destes obxectivos xerais, podemos concretar e propoñer uns obxectivos complementarios específicos para este curso:

  •  Preparar aos egresados e egresadas para desenvolver labores de especialista en empresas relacionadas con diferentes eidos da industria musical, como discográficas, axencias de management, compañías de produción audiovisual, empresas de marketing e publicidade, empresas de tecnoloxía musical e moitas outras empresas vinculadas directa ou indirectamente con esta industria, dotándoas, ademais, do valor engadido da visión de conxunto que a industria musical precisa para os postos directivos.
  • Capacitar aos egresados e egresadas para emprender o seu propio proxecto, ben artístico ouben empresarial, xestionando os procesos no seu conxunto e liderando equipos de traballo endiversas áreas e proxectos vinculados coa industria musical e de entretemento.
  • Validar os coñecementos de traballadores e traballadoras do sector musical que desenvolvena súa actividade sen recoñecemento académico e requiren dunha validación que lles permita ter o recoñecemento social axeitado e lles axude á súa propia evolución no contexto laboral, sen esquecer a súa necesidade de reciclaxe e acceso á actualización de coñecementos que atoparán nesta formación.

Cumpriríanse así as esixencias dos resultados de aprendizaxe do nivel EQF-7 do Marco Europeo de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente

 

Destinatarios

O título ten un carácter introductorio e xeral aberto a una grande variedade de perfís. Sen embargo, a efectos de exemplo, enténdese que os perfís habituais serán os seguintes:

a) Graduado e graduada dun título relacionado coas ciencias sociais, a música ou calquera outro tipo de estudios superiores que pretenda desenvolver a súa carreira profesional no eido da industria musical.

b) Profesionais do sector musical e audiovisual que busquen recoñecemento formativo da súaexperiencia e capacidades.

c) Músicos e músicas que busquen desenvolver a súa carreira profesional na industria musical.

d) Melómanos e melómanas que busquen desenvolver a súa carreira profesional ou, simplemente, mellorar os seus coñecementos no relativo á industria musical.

 

Saídas Profesionais

Búscase que os egresados e egresadas do curso de especialista desenvolvan os seguintes perfís profesionais froito dunha formación especializada inicial que poderá ser ampliada co futuro máster: 

  • Profesional do ámbito artístico: Adecuándose aos cambios no perfís dos artistas, que non só desenvolven a parte musical senón a xestión do seu propio proxecto, este curso habilitará para poñer en marcha actividades artísticas musicais. O profesional deberá dominar técnicas de produción, gravación, mesturas e masterización pero tamén ten coñecementos de marketing, management, comunicación e xestión empresarial. Neste caso trátase dun profesional cun valor engadido claro e cunha capacidade competitiva adicional.
  • Music Business e emprendedor musical: Tendo en conta a importancia crucial deste perfil no sector, trabállase na posibilidade de xestión de artistas, bandas, festivais, axencias artísticas e eventos musicais en xeral como áreas de negocio fundamentais na Industria Musical.

Como elemento común a todos os perfís, formúlase cunha visión transversal do negocio que reúne management, organización de eventos, creación empresarial e emprendemento, marketing e comunicación e que permiten o desenvolvemento de proxectos empresariais de éxito.

 

Idioma

Galego 50% e castelán 50%

 

Competencias Específicas

  • Coñecer e comprender o funcionamento da industria musical, en todos os seus ámbitos, entendendo a súa cadea de valor e o rol dos diferentes axentes que interveñen nela e nos seus modelos de negocio.
  • Capacidade de identificar o talento e as aptitudes dunha artista para proxectalas no desenvolvemento dunha carreta artística.
  • Capacidade de identificar os elementos de valor dun proxecto musical.
  • Capacidade de análise de mercado e planificación estratéxica para a xestión de proxectos musicais empregando as ferramentas de marketing e comunicación actuais e futuras.
  • Capacidade de planificación estratéxica de campañas de comunicación específicas para proxectos musicais de diversos tipos.
  • Coñecer e comprender os aspectos fundamentais dos procesos e a tecnoloxía empregada na produción musical e en eventos musicais en vivo sendo capaz de aplicar as prácticas actuais, tamén para contidos audiovisuais.
  • Coñecer e comprender o funcionamento dos diferentes formatos para a distribución de música tanto enformato analóxico, como a realizada con elementos electrónicos, como a de carácter dixital, permitindo o desenvolvemento de proxectos musicais en coordinación cos demáis sectores da indiustria.
  • Coñecer e comprender os aspectos legais dos procesos da industria musical, as tipoloxías de contratose as relacións contractuales entre os diferentes actores da escena musical.
  • Coñecer e comprender os procesos implicados na auto-edición e auto-xestión musical, sendo capaz de planificar os correspondentes procesos para levar a cabo un proxecto dixital dese tipo.
  • Coñecer e comprender os procesos implicados no emprendemento musical, as diferentes tipoloxías de empresas do sector e identificar oportunidades de negocio sendo capaz de deseñar, desenvolver e coordinar proxectos empresariais no eido da Industria Musical.
  • Coñecer e comprender os procesos implicados na xestión de concertos e xiras, deseñando, planificando e organizando todos os elementos doevento, así como o lanzamento e seguemento de artistas.

 

Competencias Transversais

  • Ser capaces de aplicar técnicas e estratexias para mellorar o rendemento e a produtividade dos equipos no ámbito musical
  • Ser capaz de desenvolver habilidades de xestión e dirección de proxectos na industria musical
  • Identificar capacidades de liderado e desenvolvelas nun equipo multidisciplinar para organizar un evento musical
  • Coñecer, comprender e integrar a sustentabilidade nos procesos da industria musical
  • Formar parte dun equipo multidisciplinar no ámbito da organización de eventos musicais
  • Analizar a situación actual da industria musical e as desigualdades existentes
  • Deseñar estratexias para promover a igualdade, a inclusión e a diversidade na industria musical

 

Condicións de acceso

Para o acceso ao título será necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:

1. Cumprir os requisitos de acceso ao título de mestrado propio.

2. Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

3. Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa 17 vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión e Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Criterios de selección

Para o procedemento de admisión os solicitantes serán diferenciados en dous grupos:

a) Candidatos que accedan como graduados (título universitario) ou estudantes universitarios (máis de 120 créditos ECTS).

b) Candidatos que accedan como profesionais de acreditada experiencia laboralrelacionada coas compentecias do curso.

No primeiro caso (a) o 50% da puntuación para a admisión dependerá do expediente académico e no segundo caso (b) o 50% dependerá da experiencia profesional. Nos dous casos (a e b) valorase cun 30% co curriculum profesional cun 20% unha memoria elaborada polo candidato na que propoña un proxecto musical.

 

Materias

id nome caracter créditos
200324 Industria musical, artistas y espectáculos Obligatoria 1.0
200325 Introducción a la planificación estratéxica de la comunicación en la industria musical Obligatoria 1.0
200326 Marketing, estrategia y creatividad Obligatoria 4.0
200327 Produción audiovisual para la industria musical Obligatoria 3.0
200328 Aspectos legales en la industria musical Obligatoria 2.0
200329 Emprendimiento en empresas en la industria musical Obligatoria 3.0
200330 Diseño y realización de festivales de música, conciertos, ciclos y giras Obligatoria 3.0
200331 Talleres de lanzamiento de una artista y de organización de un festival Obligatoria 3.0
200332 Producción y grabación musical Obligatoria 3.0
200333 Prácticas en empresas Obligatoria 8.0

 

Profesorado

 

Observacións sobre as prácticas

O carácter práctico do curso de especialista resulta incuestionable. Ademais da carga práctica contemplada nas distintas materias obrigatorias, o plan formativo inclúe prácticas curriculares obrigatorias cunha carga de 8 ECTS que suporán 200 horas de traballo do alumnado ou alumna cunha presencialidade dun tercio.
As prácticas implicarán que os e as estudantes traballen de forma directa con profesionais da industria musical formando parte de equipos de traballo multidisciplinares. Debido á transversalidade da formación o curso de especialista as prácticas respostarán ao mesmo criterio, ofertándose postos de prácticas en diferentes tipos de empresas do sector e para diferentes áreas do proceso: deseño de lanzamentos de artistas, marketing ou deseño, preprodución de festivais, etc; ou ligadas ao traballo de campo: xestión de festivais, management de artistas, comunicación musical, redes sociais para eventos, etc.

Segundo o calendario académico proposto para este título o período de realización destas prácticas será o segundo semestre do ano académico. Resulta fundamental esta planificación xa que durante eses meses é cando se desenvolven a maior parte dos proxectos musicais, tanto na área de concertos e xiras de artistas como na organización de festivais.

Para a xestión das prácticas os estudantes contarán cunha estrutura no curso composta polo Coordinador/a de prácticas que se encargará da titorización académica e un titor profesional responsable da formación do estudante na empresa. Trátase, polo tanto, dun modelo de xestión semellante aos títulos de grao e máster oficiais, garantindo a calidade do proceso.
No relativo á oferta de prácticas o curso de especialista dispón do apoio fundamental das principais empresas do sector en Galicia (recollidas no seguinte epígrafe) ademais do apoio adicional das empresas conveniadas pola Facultade de Comunicación que promove o proxecto. A experiencia práctica resultará fundamental para a consolidación final da formación dos participantes no curso.

Listaxe de empresas nas que se desenvolverán as prácticas. As empresas colaboradores cubren todos os procesos dentro da industria musical e supoñen, polo tanto, unha oferta moi completa para os alumnos e alumnas.

  • Regalamúsica, S.L. (regalamusica.es)
    Empresa de comunicación musical, líder en Galicia en información e comunicación de festivais e concertos. Selo discográfico e oficina de management de artistas. Tamén xestiona proxectos culturais ligados á igualdade de xénero na música (descubreas.com).
  • Playplan cultural, S.L. Productora 360º. Promotora de festivais (SonRías Baixas) e concertos. Management de artistas (p.ex. Tanxugueiras)
  • Festival Sinsal.
    Promotora de festivais boutique e ciclos de concertos experienciales (Festival Sinsal  y Festival Posidonia )
  • Sweet Nocturna, S.L.
    Promotora de grandes concertos en Galicia de artistas internacionais (p. ex. Guns’n Roses) e do Festival Vive Nigrán, Festival Underfest, entre outros.
  • Décima Planta
    Productora cultural. Organizadora do ICC Week (Ourense) o Festival Vive Nigrán e a xestión de Vigosónico (locais de ensaio do Concello de Vigo).
  • Festival Vive Nigrán
    Promotora do festival, que tamén organiza o Festival Solpor Monteferro

 

Avaliación

Establécese un sistema de avaliación continua en cada unha das materias. A avaliación será realizada mediante unha metodoloxía de proxectos que serán cualificados segundo o actual regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado contándose con dúas oportunidades de avaliación marcadas no calendario académico do curso.

Período de avaliación de materias obrigatorias (agás prácticas curriculares) na primeira convocatoria:

  • Data de inicio: 12 de decembro de 2023
  • Data de fin: 28 de xuño de 2024

Deste xeito os docentes poderán traballar na avaliación continua mediante proxectos durante todo este período.

Período de avaliación de materias obrigatorias (segunda oportunidade) e prácticas:

  • Data de inicio: 3 de xullo de 2024
  • Data de fin: 13 de setembro de 2024

Deste xeito os docentes poderán plantexar unha segunda oportunidade para a cualificación das materias obrigatorias e disporase de prazo para a cualificación das prácticas curriculares.

Periodo de prácticas curriculares:

  • Data de inicio xeral: 10 de abril de 2024
  • Data de fin: 13 de setembro de 2024

 

Titulación

Especialista en industria musical.