Fundamentos de deseño técnico con Solidworks

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1041/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

05/06/2024 – 20/06/2024

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

6.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

Orientado ao alumnado universitario de segundo ciclo e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD de última xeración.

 

Director/a:

José Ignacio Armesto Quiroga, Faustino Patiño Barbeito

Teléfono contacto:

986 812 244, 986 813 698

Email contacto:

armesto@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escola de Enxeñaría Industrial

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
22/04/2024 – 27/05/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
03/05/2024 – 29/05/2024

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial

 

Horario

Luns a venres de 09:00-14:00 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
290 € 261 € 246.5 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula . 

 

Obxectivos

A través deste curso, búscase que o/a asistente:

  • Adquira os coñecementos imprescindibles para traballar con SolidWorks.
  • Familiarícese coa contorna de traballo
  • Coñeza as ferramentas máis comúns
  • Aprenda a debuxar esbozo
  • Realice modelos en 3 dimensións de pezas simples
  • Saiba como realizar a ensamblaxe básica de conxuntos
  • Deseñe planos básicos de pezas e ensamblaxes
  • Saiba realizar análise FEM de pezas simples.

 

Destinatarios

Orientado ao alumnado universitario, alumnado de formación profesional e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD 3D de última xeración.

 

Saídas Profesionais

As persoas participantes aprenderán a realizar deseños técnicos industriais mediante a aplicación dunha das ferramentas CAD 3D de última xeración máis utilizadas na industria.

 

Competencias Específicas

Iniciarse nos principios de deseño avanzado asistido por computador

Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de sólidos

Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de ensamblaxes

Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de chapa

Adquirir capacidades de documentación e integración da información

Adquirir capacidades básicas para a realización de simulacións FEM

 

Competencias Transversais

Resolución de problemas

Creatividade

Uso das TIC

Procura de información

 

Condicións de acceso

Titulados/as universitarios

Titulados/as de formación profesional

Alumnos/as universitarios

Alumnos/as de formación profesional

Profesionais directamente relacionados coa especialidade que cumpran os requisitos de acceso á universidade.

 

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

– DNI 

– Certificado de estudos

– CV

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición.

 

Metodoloxía

1. Principios de deseño. iniciación ao deseño avanzado asistido por computador
2. Técnicas de deseño. modelado con sólidos 
3. Técnicas de deseño. modelado de ensamblaxes 
4. Técnicas de deseño. modelado de superficies 
5. Técnicas de deseño. modelado de chapa 
6. Proxecto técnico de modelo industrial. documentación e integración da información 
7. Simulación FEM
8. Iniciación práctica ao deseño avanzado asistido por computador 
9. Prácticas de modelado con sólidos 
10. Prácticas de modelado de ensamblaxes 
11. Prácticas de modelado de superficies 
12. Prácticas de modelado de chapa
13. Prácticas de elaboración de documentación e integración da información 
14. Prácticas de simulación FEM. Simulación FEM sobre pezas 
15. Prácticas de simulación FEM. simulación FEM

 

Materias

id nome caracter créditos
200148 Principios de diseño. Iniciación al diseño avanzado asistido por computador Obligatoria 6.0
200149 Técnicas de diseño. Modelado con sólidos Obligatoria 0.0
200150 Iniciación práctica al diseño avanzado asistido por computador Obligatoria 0.0
200151 Prácticas de modelado de sólidos Obligatoria 0.0
200152 Técnicas de diseño. Modelado de ensamblajes Obligatoria 0.0
200153 Técnicas de diseño. Modelado de superficies Obligatoria 0.0
200154 Técnicas de diseño. Modelado de chapa Obligatoria 0.0
200155 Proyecto técnico de modelo industrial. Documentación e integración de la información Obligatoria 0.0
200156 Simulación FEM Obligatoria 0.0
200227 Práctica de modelado de ensamblajes Obligatoria 0.0
200228 Prácticas de modelado de superficies Obligatoria 0.0
200229 Prácticas de modelado de chapa Obligatoria 0.0
200230 Prácticas de elaboración de documentación e integración de la información Obligatoria 0.0
200231 Prácticas de simulación FEM. Simulación FEM sobre piezas Obligatoria 0.0
200232 Prácticas de simulación FEM. Simulación FEM sobre ensamblajes Obligatoria 0.0
200233 Prácticas avanzadas sobre simulación FEM Obligatoria 0.0

 

Profesorado

Pablo García Gil
David Agudo del Río
Sofía Suárez García
Jacobo González Baldonedo

 

Avaliación

Para a avaliación dos alumnos terase en conta:

  1. Asistencia presencial ás clases (polo menos 75% das sesións)
  2. Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Data límite entrega traballos (primeira oportunidade): 22/06/2024

Data límite entrega traballos (segunda oportunidade): 24/06/2024

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en Fundamentos de Deseño Técnico con SolidWorks