Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción

Especialista

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1022/3
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

13/09/2024 – 07/06/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

30.0 ECTS

Estado

En curso

24 prazas

 

Descrición

Na automoción é imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nos procesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe e actualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación e titulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos. Neste título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección, especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.

 

Director/a:

Óscar López

Email contacto:

olopez@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escola de Enxeñaría Industrial

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 06/09/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 12/09/2024

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

270 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus)

 

Horario

Venres de 16:00 a 21:00 horas e sábados de 9:00 a 14:00 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1475 € 1327.5 € 1253.75 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula . 

 

Obxectivos

O obxectivo do curso é a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que porformación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividadeprofesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementosadquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos ecircuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así comoparticipar na especificación de novos circuítos neste ámbito.

 

Destinatarios

As persoas destinatarias do título son Enxeñeiros/as non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros/as poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.

 

Saídas Profesionais

O remate a titulación o alumando terá:

  •  Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos e sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil.
  • Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de acondicionamento de sinal.
  • A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de comunicación utilizados na automoción.
  • A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.
  • Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de control (ECUs) dun automóbil.
  • Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas electrónicos.

 

Competencias Específicas

  • Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
  • Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
  • Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
  • Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
  • Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
  • Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
  • Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
  • Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos.
  • Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en automoción
  • Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
  • Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos.
  • Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
  • Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores

 

Condicións de acceso

Para acceder a este título deberá cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou equivalente
  • Ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de
    Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial
  • Ter o título de Enxeñeiro Industrial
  • Ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada

 

Criterios de selección

1) Grao ou Máster en Enxeñería Mecánica: 100%

2) Grao en Enxeñería Industrial: 95%

3) Grao que habilita o acceso ao Máster en Enxeñería Industrial: 90%

4) Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas: 80%

 

Metodoloxía

Dispositivos Electrónicos e Electrónica Analóxica
Electrónica de potencia en Automoción
Electrónica Dixital e Microcontroladores
Sensores
Electrónica para a Adquisición de Datos
Comunicación de información en automoción
Sistemas de Adquisición de Datos
Microcontroladores – Programación
Proxecto de Sistema Electrónico de Adquisición de Datos
Proxecto de sistema electrónico de control baseado en microcontrolador

 

Materias

id nome caracter créditos
200073 Dispositivos electrónicos y electrónica analógica Obligatoria 3.7
200075 Electrónica de potencia en automoción Obligatoria 2.3
200076 Electrónica digital y microcontroladores Obligatoria 3.0
200077 Sensores Obligatoria 3.0
200078 Electrónica para la adquisición de datos Obligatoria 3.0
200079 Comunicación de información en automoción Obligatoria 3.0
200080 Sistemas de adquisición de datos Obligatoria 3.0
200081 Microcontroladores – Programación Obligatoria 3.0
200082 Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos Obligatoria 3.0
200083 Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador Obligatoria 3.0

 

Profesorado

Luís Jacobo Álvarez Ruiz de Ojeda, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
Ana María Cao y Paz, profesora do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeira en Electrónica Industrial y Automática
Miguel Ángel Domínguez Gómez, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Telecomunicación
Jesús Doval Gandoy, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
Luís Eduardo Eguizábal Gándara, profesor do departamento Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
José Fariña Rodríguez, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
Alfonso Lago Ferreiro, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Físico
Oscar López Sánchez, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
Francisco Poza González, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Industrial
María Dolores Valdes Peña, profesora do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeira Electrónica
Rafael Verdugo Mates, profesor do departamento de Tecnoloxía Electrónica, Enxeñeiro Telecomunicación

 

Avaliación

A avaliación das materia do curso vaise facer de forma asíncrona. En cada materia haberá un exame de tipo test ou preguntas obxectivas e de desenvolvemento para avaliar os contidos da parte teórica da materia. Este exame será asíncrono e terá que estar realizado polo alumnado unha semana despois de ter rematado o período presencial da materia.A avaliación completase co informe das prácticas realizadas. O alumnado deberá presentar un documento cos resultados dos traballos realizados no laboratorio, a medida que se fagan as prácticas e no prazo máximo dunha semana despois de rematalas. No caso de unha avaliación negativa, o alumnado disporá de una segunda oportunidade para superar a materia nas datas establecidas pola Comisión Académica.

 

Titulación

Especialista Universitario/a en Electrónica para Componentes de Automoción